Revista Literaria de Estudiantes de la Facultad de Filología – UNED

Eco

¿Qué máis queres? Ti pos os soños i eu os agarimos. Ti as promesas i eu as bágoas. Ti os proxectos i eu o rosto contra o frío mármore do chan dos hospitais.

Non hai día que non caia. De xeonllos esfuracados, de nocellos quebrados por manter os compases dos teus beizos.

¿Quén che canta? ¿Quén te chama? Nin un intre viras as costas por ver se sigo camiñando. I eu sedenta, de lingua fora, engulo o pó que vas deixando. De boca seca, de alma ferida...

És a auga e non me das, és espello do deserto, lúa nova das cobizas dunha deusa. Non tes acougo nin sesta.

¿Non escoitas os meus prantos? ¿Os meus berros doloridos? ¿Os meus ouveos de espanto?

Ficarei doente e soa, de ventre seco e peitos florecidos, a rosmar o meu laio repetido contra os muros desta cova en que se tornou o mundo enteiro. Morrerei e co meu sangue regarrei o leito dos narcisos, e así vivirei por sempre no canto dos poetas.
E tí, o máis fermoso ser da natureza, por ferir a miña gorxa cunha frecha e rexeitar este amor que me envelena, endexamais coñecerás o que é a beleza!

Autor:

Ben López

Subido por:

Marisa Lozano Fuego