As noites escuras das almas

A noite escura na alma acendida 

encerra recordos que a tornan viva. 

A noite pálida en recordos amarrada 

treme serena á vez que escampa. 

 

A noite serena a alma amarga 

treme o acougo do mar en calma. 

A noite escura é cinza de mar 

que rompe ao máis bravo furacán. 

 

Forte tormenta desátase e débil vento levántase.

As estrelas vixían tras as nubes as almas inquietas

 sen calma. 

 

Forte lume préndese e forte neve precipítase.

Os salgueiros son testemuñas no bosque do tremor 

da alma.

Autor

Antonio Jesús Tinedo

Subido por

Rafael Sánchez Pérez