Revista Literaria de Estudiantes de la Facultad de Filología – UNED

Vencido

Poida que unha noite a lúa chea alumée o camiño certo a Ítaca, mais non vai ser esta
noite. Nin a vindeira noite.
Poida que chegue un tempo en que os ventos sopren favorables i enchan as téas do meu
veleiro, e me empuxen até petar  á porta da miña casa. Pero non estamos nese tempo.
Nin ese tempo será mañá.
Poida que todo sexa un soño alucinado nunha noite de verán. Poida que esperte no meu
catre, afogado en sudor, coas roupas pegadas en todo o corpo. Mais non vou espertar
ainda. Ainda non. Non agora.
Namentras, só respiro este cheiro a muller que me envelena e me consume. Namentras,
as miñas ásperas mans e os meus debezos primitivos se perden por entre as sedas
vaporosas dos ropaxes dunha deusa. Na busca da caricia doutra pel. Na busca da
humidade dun centro. Un desexo coma unha sede irracional, coma un morrer de febre e
medo.
Xa non podo loitar máis. Os meus tempos de loita remataron no ventre dun cabalo de
madeira.
Tan só unha cousa máis antes de cair rendido e derrotado. Un derradeiro desexo de
home namorado.
Oh,Calipso! Oh, deusa! Oh, beleza!, déixame chamarte Penélope.

Autor:

Ben López

Subido por:

Juan Carlos García Sanrafael